Mañá é a competición da First LEGO League, na que participan dous equipos do noso centro. Cada un deles está formado por 10 alumnos. Xabi Díaz e José Luis Fernández, ambos os dous profesores de Tecnoloxía no noso centro, son os entrenadores.
Participan centros educativos de toda Galicia. Os equipos teñen que preparar un robot feito con un "kit" de LEGO, programalo e poñelo a funcionar de xeito que supere unha serie de probas propostas pola organización do evento. Non é doado, pero parece que co esforzo vaise conseguindo superar os desafíos.
Se queredes coñecer o que fixeron, podedes entrar na web de un dos equipos e botar unha ollada o seu proxecto.
As probas que ten que pasar nesta edición 2008 (mañá domingo) están perfectamente explicadas nesta outra web.
Vos deixo un vídeo da FIRST LEGO League 2005/2006:
No hay comentarios:
Publicar un comentario