03 mayo 2009

5º Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte de Lemos

Outro ano máis convócase o Seminario de Música Moderna e Improvisación de Monforte de Lemos, este ano xa vai xa pola 5ª, entre os días 17 e 22 de Agosto 2009.

Miguel Rodríguez, profesor de música no IES A Xunqueira 1 de Pontevedra, coordina este seminario dende a primeira convocatoria. Os profesores deste ano son Carlos Calviño, guitarra, Iñaki Askunze, saxofón, Dee Jay Foster, baixo e contrabaixo, Valentín Iturat, batería, Celia Mur, voz, e Albert Sanz, piano e teclado. Envíoche arquivos con toda a información por si crees convinte publicalo no teu blog.

Se queredes máis información, podedes dirixirvos á Escola de Estudios Musicais A Tempo, na Praza A Castaña, 2 baixo, 36002 Pontevedra. Tfno.: 986 84 41 04 / 659 47 43 52. Fax: 986 84 41 04.

www.novasmusicas.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario